martes, 22 de mayo de 2012

O INFANTIL MASCULINO "A" DO CLUB 8º CLASIFICADO DA LIGA 1ª DIVISIÓN INFANTIL MASCULINA 2011/2012

(O Infantil Masculino "A" no último encontro oficial da tempada 2011/2012)

.

INFANTIL MASCULINO "A"

.

8º CLASIFICADO LIGA 1ª DIV.

.

O equipo Infantil Masculino "A", Seis do Nadal - Coia, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por Albert Tomas e Carlos Guada, finalizou na oitava posición a Liga 1ª División Infantil Masculina 2011/2012 organizada pola Federación Galega de Baloncesto.

.

O combinada Seis do Nadal - Coia rematou na oitava posición da Liga 1ª División Infantil Masculina despois de vintedúas xornadas cun balance final de oito vitorias e catorce derrotas. A clasificación final da competición foi a seguinte:

.

 

A oitava posición conseguida esta campaña na Liga 1ª División Infantil Masculina asegura a praza en dita competición para a próxima tempada 2012/2013, tendo descendido ao Campionato Infantil de 2ª División os catro últimos clasificados da táboa.

 

(O Infantil Masculino "A" nun tempo morto do último partido en Ourense)