jueves, 24 de mayo de 2012

O CADETE MASCULINO "B" DO CLUB SUBCAMPIÓN DO TORNEO BALONCESTO VEGADEO (ASTURIAS)

(O Cadete Masculino "B" subcampión do Torneo Baloncesto Vegadeo)

.

O equipo Cadete Masculino "B", Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, dirixido e adestrado por Breixo Solla e Andrés Álvarez, participou no Torneo Baloncesto Vegadeo organizado pola club asturiano Club Baloncesto Vegadeo a pasada fin de semana do 19 e 20 de maio do 2012.

.

Os equipos que participaron no torneo xunto ao Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro foron o galego Club Baloncesto Celtas (Foz) e os equipos asturianos do IES Sánches Lastra (Mieres) e do IES Elisa Y Luis Villamil (Vegadeo).

 

O primeiro partido que xogou o noso conxunto foi ante o IES Sánchez Lastra (Mieres) e rematou en vitoria para o Seis do Nadal (31-44). No segundo partido do torneo ante o combinado de Vegadeo, o IES Elisa Y Luis Villamil, escapouse a vitoria nos últimos intres do partido (58-55) despois de ir por diante no marcador ao longo de todo o encontro. O Seis do Nadal - Coia pechou a súa participación no torneo cunha nova vitoria (52-42) ante o Celtas de Foz, proclamándose subcampión do torneo.

 

A clasificación final do Torneo Baloncesto Vegadeo disputado en Vegadeo (Asturia) foi a seguinte:

 

1º- IES ELISA Y LUIS VILLAMIL (Vegadeo)

2º- SEIS DO NADAL CELSO EMILIO FERREIRO (Vigo)

3º- CLUB BALONCESTO CELTAS (Foz)

4º- IES SÁNCHEZ LASTRA (Mieres)

 

O noso equipo no Torneo Baloncesto Vegadeo