viernes, 18 de mayo de 2012

O ALEVÍN MASCULINO "A" DISPUTARÁ A TERCEIRA CONCENTRACIÓN DA LIGA FGB NO SEIS DO NADAL

(O Alevín Masculino "A" ocupa o segundo posto do grupo "D" da Liga FGB)

.

O equipo Alevín Masculino "A", Seis do Nadal "A", do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, capitaneado por Alicia Álvarez e Borja Martínez, disputará a terceira concentración da Liga FGB Alevín Masculina o próximo sábado 19 de maio na pista do Colexio Seis do Nadal.

..

Os equipos Seis do Nadal "A", Sigaltec BBC "A" (Vilagarcía), Pío XII (Santiago de Compostela) e Salesianos COB "Azul" (Ourense), disputarán a quinta e a sexta xornada do grupo "D" da Liga FGB Alevín Masculina no Colexio Seis do Nadal, nunha xornada na que se decidirá os dous equipos que se clasifican para os Cruces de Clasificación para a Fase Final.

.

Os horarios dos catro partidos da Liga FGB Alevín Masculina que se disputarán o próximo sábado 19 de maio do 2012 son os seguintes:

 

- Seis do Nadal "A" Vs Sigaltec BBC "A"

Hora: sábado 19 ás 10:30 h. Lugar: Col. Seis do Nadal (Vigo)

 

- Pío XII Vs Salesianos COB "Azul"

Hora: sábado 19 ás 12:30 h. Lugar: Col. Seis do Nadal (Vigo)

 

- Salesianos COB "Azul" Vs Seis do Nadal "A"

Hora: sábado 19 ás 16:00 h. Lugar: Col. Seis do Nadal (Vigo)

 

- Sigaltec BBC "A" Vs Pío XII

Hora: sábado 19 ás 18:00 h. Lugar: Col. Seis do Nadal (Vigo)

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia acollerá no barrio de Coia a terceira e decisiva concentración do grupo "D" da Liga FGB Alevín Masculina na que participa o Seis do Nadal "A", equipo que ocupa actualmente a segunda posición do grupo cun balance de tres vitorias e unha única derrota ante o Pío XII.