jueves, 3 de mayo de 2012

O ALEVÍN FEMININO "A" DO SEIS DO NADAL, CAMPIÓN DE VIGO, COMEZA A LIGA FGB ALEVÍN FEMININA 2011/2012

.(O Alevín Feminino "A", campión de Vigo, no partido de ida da final)

.

ALEVÍN FEMININO "A"

.

CAMPIOAS DE VIGO

.

O equipo Alevín Feminino "A", Seis do Nadal "A", do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por Aalí Mohamed e Silvia Caíño, é o novo equipo alevín feminino campión de Vigo na presente tempada 2011/2012.

.

Na primeira fase da competición o Seis do Nadal "A" finalizou na primeira das posicións do Grupo "B" con catorce vitorias conseguidas nos catorce partidos disputados. A clasificación final do Grupo "B" desta primeira fase foi a seguinte:

.

.

Este primeiro posto clasificou ao noso conxunto para a disputa do cruce de semifinais da competición, cruce que xogou ante o Compañía de María, segundo clasificado do Grupo "A" da primeira fase, xogándose o pase á final de Vigo así como a clasificación para a Liga Galega Alevín Feminina. O conxunto capitaneado por Aalí Mohamed  superou nos dous encontros de semifinais ao Compañía de María de Vigo (15-65 e 73-25), conseguindo así a praza para a Liga FGB da categoría.

.

O Seis do Nadal "A" xogou a final de Vigo ante La Academia Celta, combinado que superou nas súas semifinais ao PBB Canteiras "B". O partido de ida disputado no Pavillón de Navia rematou con vitoria do conxunto quot;seisnadalista" por 35-54, repetindo vitoria no partido de volta no Colexio Seis do Nadal por 47 a 34. Deste xeito o Seis do Nadal "A" proclamábase campión de Vigo con dezaoito vitorias consecutivas desde o comezo da tempada.

.

 

O Alevín Feminino "A" comezará a súa andanza na Liga FGB Alevín Feminina o próximo domingo 6 de maio do 2012. O noso conxunto estará encadrado no Grupo Sur "C" xunto ao Carmelitas Ourense, o 1º grupo clasificado de Arousa e o 3º clasificado de Arousa, equipos aínda por determinar.

 

O Seis do Nadal "A" disputará as dúas primeiras xornadas desta Fase de Grupos o próximo domingo día 6 de maio en Pontevedra. Ás 12:00 horas o noso combinado se enfrontará ao 1º clasificado de Arousa e ás 17:00 horas xogará ante o 3º clasificado de Arousa, ambos encontros no Pav. Magisterio.

 

Os dous primeiros clasificados da fase de grupos disputarán os cruces que determinarán aos equipos que se clasificarán para a Fase Final da Liga FGB Alevín Masculina da presente tempada 2011/2012.

 

Máis fotos do Alevín Feminino "A", campión de Vigo

.

.