martes, 10 de abril de 2012

O EQUIPO DO GD GAFANHA CAMPIÓN DA SERIE FEMININA DO 5º TORNEO INTERNACIONAL CADETE 2012

.

(As xogadoras do Grupo Desportivo Gafanha campioas femininas do torneo)

.

O pasado sábado día 7 de abril do 2012 o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizou a xornada de categoría Cadete Feminina da Quinta Edición do Torneo Internacional Cadete 2012 "Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo", xornada na que o Grupo Desportivo Gafanha conseguiu o campionato.

.

Os seis equipos que competiron nesta xornada de categoría Cadete Feminina foron os galegos Seis do Nadal Illas Cíes (Vigo), o Colexio Salesianos (Vigo), o C.B. O Meco (O Grove) e o Eduardo Blanco Amor (Ourense); o conxunto portugués Grupo Desportivo Gafanha; e o equipo asturiano C.B. Navia.

.

Os seis combinados participantes estiveron divididos en dous grupos que disputaron a fase de clasificación pola mañá. Os primeiros clasificados de cada grupo foron o C.B. Navia e o Grupo Desportivo Gafanha. As segundas prazas de cada grupo foron ocupadas por O Meco e Eduardo Blanco Amor, seguidos do Seis do Nadal Illas Cíes e Salesianos Vigo.

.

Na fase final de cruces, disputada pola tarde, no partido polo 5º e 6º postos enfrontaronse os dous equipos vigueses, o Seis do Nadal Illas Cíes e o Salesianos, nun encontro no que foi necesario disputar o tempo da prórroga para coñecer ao equipo vencedor, que sería o Colexio Salesianos de Vigo despois de conseguir un parcial de 4-13 nos minutos finais.

.

Os equipos de O Meco e o Eduardo Blanco Amor disputaron o partido polo 3º e 4º postos. Na primeira metade parecía que o equipo de O Meco dominaba o encontro gañando os dous primeiros cuartos (44-39), pero no terceiro período do partido as xogadoras do Eduardo Blanco Amor conseguiron achegarse no marcador (54-52) para no último período darlle a volta ao resultado e impoñerse cun 65-72 final despois de encaixar un parcial de 11-20.

.

(O C.B. Navia subcampión do 4º Torneo Cadete Serie Feminina)

.

A final de categoría feminina do 5º Torneo Internacional Cadete 2012 enfrontou ao equipo do C.B. Navia e ao Grupo Desportivo Gafanha, equipos que ocuparon os primeiros postos nas fases de clasificacións disputadas ao longo da mañá. O partido foi dominado en todo momento polo combinado portugués que chegaba ao descanso cunha cómoda vantaxe (21-46), vantaxe que se mantivo ata final do encontro ata chegar ao 52-78 final. Con este resultado o Grupo Desportivo Gafanha conseguía o título de campión da Serie Feminina da nova edición do Torneo Internacional Cadete.

.

.

.

.

.

.

No acto de clausura e na entrega de premios desta xornada de categoría Feminina do 5º Torneo Internacional Cadete 2012 estivo presente Manel Fernández, Concelleiro de Deportes do Concello de Vigo; Concepción Martins, Presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal; Francisca García, Miguel Ángel Pena e Antonio Iglesias, membros da Xunta Directiva do club; Sergio González, Director Deportivo do club vigués; e Sandra Cacheda en represetación dos xogadores e xogadoras do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.