(Equipo Sénior Masculino da Liga 2ª División do Seis do Nadal)
..
SEIS DO NADAL - COIA (Vigo)
..
OURENSE CAPITAL TERMAL (Ourense)
.
O Sénior Masculino Autonómico do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia xogará o próximo sábado día 10 de marzo no polideportivo municipal de Navia, o partido correspondente á décimo oitava xornada da Liga 2ª División Sénior Masculina ante o Ourense Capital Termal no que será toda unha final.
.
O equipo adestrado por César Álvarez chega ao partido ante o Ourense Capital Termal despois de conseguir unha importante vitoria pola mínima no campo de O Meco (O Grove) nun partido de gran igualdade que se decidiu no último minuto do encontro cunha canastra do Seis do Nadal e unha posterior defensa que concedeu a vitoria (59-60).
..
O Seis do Nadal - Coia chega ao partido desta fin de semana cun balance de trece vitorias e catro derrotas, tendo o Ourense Capital Termal un balance de catroce vitorias e tres derrotas. O partido correspondete á sétima xornada que enfrontou a ambos equipos rematou cunha vitoria ourensán por 58-55 en campo visitante.
..
(Tódolos xogadores do equpio agradecendo o apoio dos aficionados)
..
O próxima sábado 10 de marzo ás 20:00 horas no polideportivo de Navia se xogará o partido de volta deste encontro no que o C.B. Seis do Nadal - Coia buscará superar ao Ourense Capital Termal cunha diferenza superior a tres puntos e consolidarse así no primeiro posto da Liga 2ª División Sénior Masculina.
...
Despois da disputa da décimo sétima xornada da 2ª División Sénior Masculina 2011/2012 o Seis do Nadal - Coia ocupa a segunda posición do taboleiro seguindo ao Ourense Capital Termal e co mesmo número de vitorias e derrotas que o Cruz Alta. A clasificación completa da competición é a seguinte:
.
..
O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia fai un chamamento a toda a "familia seisnadalista" para apoiar ao Sénior Masculino Autonómico neste importante partido que se xogará no polideportivo de Navia.
..
Agardámosvoso a xogaodres/as, técnicos/as, pais, nais, familiares e amigos/as, o próximo sábado 10 de marzo ás 20:00 horas en Navia.