viernes, 2 de marzo de 2012

DÚAS XOGADORAS ALEVÍNS DO CLUB NA CONCENTRACIÓN DECISIVA PARA AS SELECCIÓNS GALEGAS

.

As dúas preseleccións galegas de minibásquet afrontan o próximo domingo 4 de marzo unha crucial convocatoria coas súas preseleccións. Aquela na que ambas seleccionadoras decidirán, de xeito total e definitivo, a formación final de ambos os seus combinados: o grupo total de 12 xogadores e 12 xogadoras que competirán na primeira semana de abril no Campionato de España.

.

Para esta importante cita do domingo, o Pavillón Manuel Coto Ferreiro de A Estrada será de novo a sede para as dúas preseleccións. Alí están citados os xogadores a partir das 9:30 horas e as xogadoras ás 11:30 horas.

.

E será tamén a partir deste mesmo domingo cando ambas preseleccións se sitúen no posto de saída para afrontar os penúltimos metros na carreira cara Cádiz. Antes de viaxar a terras andaluzas tocará superar un torneo amigable oficial a celebrar en Allariz na fin de semana do 10 e 11 de marzo, e tres concentracións máis de traballo.

.

Nesta decisiva concentración están de novo convocadas dúas xogadoras alevíns do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia que participarán nesta nova xornada: Nerea Arambarri e Berta Rodríguez, xogadoras do conxunto Alevín Feminino "A" dirixidas por Aalí Mohamed e Silvia Caíño.