lunes, 20 de febrero de 2012

DÚAS XOGADORAS DO CLUB COAS SELECCIÓNS GALEGAS ALEVÍNS INTENSIFICAN A SÚA PREPARACIÓN

.

Con dobre xornada de traballo celebraron o inicio do entroido os xogadores e xogadoras das dúas Preseleccións Galegas de Minibásquet, adestrando e exercitándose baixo unha nova convocatoria que se estendeu desde o domingo día 19 ata a tarde do luns día 20 de febreiro.

.

En total 15 xogadores e outras tantas xogadoras achegaranse na xornada de mañá do domingo ata a vila de Noia. En dita vila permaneceron ata as 20:00 horas do luns, co polideportivo do colexio Jaime Balmés como sede da súa concentración.

.

Da man das dúas seleccionadoras, tódolos preseleccionados e preseleccionadas subiron un pequeno chanzo máis da súa preparación de cara ao Campionato de España, cita que se aproxima xa a gran velocidade e que este ano terá lugar entre o 31 de marzo e o día 4 de abril.

.

As dúas xogadoras alevíns do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia que participaron nesta nova xornada foron Nerea Arambarri e Berta Rodríguez, xogadoras do conxunto Alevín Feminino "A" dirixidas por Aalí Mohamed e Silvia Caíño.