.
Comezou o ano 2012 e con el chegou o protagonismo para os combinados galegos de categoría minibásquet. Aínda coa estela do recente Campionato de España Infantil e Cadete, a Federación Galega de Baloncesto iniciou o traballo cos nenos e nenas máis novos, coa vista en configurar as preseleccións alevíns coas que adestrar.
.
A dous meses e medio de emprender un novo Campionato de España estase a elevar o nivel de traballo das preseleccións e sucédense as concentracións de avaliación e seguimento de xogadoras e xogadoras para ambas as categorías: feminina e masculina.
.
Precisamente, este domingo día 22 de xaneiro do 2012 no Pavillón Compañía de María, en Santiago de Compostela, a área deportiva da Federación Galega de Baloncesto repetiu xornada de probas en dúas quendas diferenciadas. A primeira das quendas reuniu a xogadores e xogadoras que aínda non participaran de ningunha concentración nesta tempada e acto seguido, en dúas franxas horarias distintas, saltaron a pista os convocados que xa participaron na primeira xornada.
.
Os xogadores e xogadoras alevíns do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia que participaron nesta nova xornada foron Pablo Gil e Javier Román, xogadores do Alevín Masculino "A" e adestrados por Alicia Álvarez e Borja Martínez; e Nerea Arambarri e Berta Rodríguez, xogadoras do equipo Alevín Feminino "A" dirixidas por Aalí Mohamed e Silvia Caíño.
.
A semana pasada tiveron lugar as primeiras tomas de contacto coa realidade da categoría minibásquet. Ademais dos catro xogadores do Seis do Nadal convocados novamente esta fin de semana, tamén asistiron á primeira toma de contacto Javier Durán, Cío García e Alberto Román, xogadores os tres do combinado Alevín Masculino "A" do club.