(Sergio González nun dos grupos da xornadas técnicas do C.B. Salesianos)
.
Do mesmo xeito que o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia desenvolveu a Sétima Edición do Campus de Inverno 2011, os pasados días 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro do 2011 o Club Baloncesto Salesianos organizou a súa I Semana de Tecnificación interna nas pistas do Colexio Salesianos.
Sergio González, Jorge Martínez e Carlos Rodríguez, tres adestradores do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, foron convidados polo Club Baloncesto Salesianos para desenvolver cos inscritos no campus un traballo de tecnificación concreto en distintas xornadas.
(Jorge Martínez na I Semana de Tecnificación do C.B. Salesianos)
Sergio González realizou diversas actividades de tecnificación relacionadas co xogo interior no cal se centrou na ensinanza das recepcións, os pivotes e as finalizacións. Jorge Martínez desenvolveu, cos grupos de xogadores e xogadoras, sesións sobre recepcións e finalizacións, e Carlos Rodríguez abordou a defensa ao xogador con balón cos grupos de benxamíns e de categoría alevín.
(Carlos Rodríguez cun grupo benxamín na Semana de Tecnificación)
Os xogadores e xogadoras do Club Baloncesto Salesianos inscritos na súa semana de tecnificación puideron disfrutar da presenza de tres adestradores do Club Baloncesto Seis do Nadal que colaboraron co club salesiano no desenvolvemente de dita actividade.