(Alumnos/as da XXXV edición do Curso de Adestrador Superior en Zaragoza)
.
A Federación Española de Baloncesto, e coa colaboración da Federación Aragonesa de Baloncesto, convoca oficialmente o XXXVI Curso de Adestrador Superior. Este Curso ten carácter Federativo e a Fase Non Presencial arrincará o día 13 de abril e prolongarase ata o 9 de xullo. A Fase Presencial terá lugar en Zaragoza de 14 ao 19 de xullo do 2012.
.
A Carga Lectiva total do curso é de 750 horas nun formato Semipresencial onde haberá un Bloque de Carácter Científico Técnico Xeral, un Bloque Específico de Baloncesto, un Período de Prácticas e o Proxecto Final.
.
Coñecido o calendario e o volume de traballo, todo aquel que desexe ser Adestrador Superior de xa ten o prazo de inscrición aberto para apuntare na nova edición.
.
Tódalas presinscricións deberán ter entrada na Federación Española a través das Federacións Autonómicas, tendo como último día, o día 4 de abril do 2012. No caso galego deberán enviarse vía mail á dirección adestradores@fegaba.com. Os requisitos mínimos para realizar a preinscrición de xeito óptimo son os seguintes: ser maio de 18 anos e estar en posesión do título de Segundo Nivel coas prácticas finalizadas.
.
A matrícula do curso é de 925 euros onde están incluídas as taxas de matrícula das convocatorias ordinarias, a docencia, a atención titorial, a certificación de diplomas, a documentación do curso e material didáctico.
.
Unha vez cumprimentado todo dito proceso de inscrición, a Escola Nacional de Adestradores notificará a lista de alumnos admitidos para esta XXXVI edición do Curso. A data concreta da publicación, a publicar nas Federacións Autonómicas e na web da propia Federación Española, é a do día 10 de abril.