martes, 24 de enero de 2012

10ª LIGA INTERNA DE COLEXIOS 2012 LIGA LINCO LINORSA 2012

.

A última das edicións da Liga Interna de Colexios LINCO - LINORSA 2011 supuxo un gran éxito para o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, xa que foron cumpridos os obxectivos marcados para esta competición escolar superando tódalas expectativas sobre o número de participantes.

.

A mellora técnica e formativa de todos e cada un dos nenos e as nenas foi notable e púidose seguir venres tras venres nesta competición escolar que contou con 15 xornadas nas que se levaron a cabo en cada unha delas 6 encontros de categoría benxamín e outros 6 partidos de categoría alevín, tendo disputados preto de 200 partidos desde febreiro ata maio.

.

Tamén é de destacar o gratificante e satisfactorio que foi para a nosa entidade poder ver a tódolos familiares e amigos dos participantes animando e aplaudindo o esforzo dos xogadores e xogadoras sempre cun comportamento deportivo e admirable

.

Por estes motivos o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizará por décimo ano consecutivo unha nova edición desta Liga Interna de Colexios (LINCO) que se desenvolverá no Pavillón Municipal de Navia tódolos venres, desde o mes de febreiro ata maio, de 16:15 a 18:00 horas.

.

Nesta nova edición da Liga LINCO - Linorsa 2012 organizada polo noso club, edición na que se cumpre o décimo aniversario da competición, participarán 9 Escolas Deportivas dirixidas e coordinadas polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia: as Escolas Deportivas dos colexios CEIP Seis do Nadal, CEIP Illas Cíes, CPI Celso E. Ferreiro, CEIP Doutor Fléming, CEIP Pintor Laxeiro e CEIP Javier Sensat; así como as tres Escolas Deportivas Municipais do Berbes, Balaídos, e a nova escola de Navia; xuntando a preto de 200 nenos e nenas de entre 6 e 12 anos.

.

A Liga LINCO - Linorsa 2012 conta por sexto ano consecutivo co apoio e colaboración de Linorsa, empresa que apostou por esta Liga Escolar e polo deporte escolar do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia desde a tempada deportiva 2006/2007 na celebración da 5ª Liga LINCO - Linorsa.

.

Esta Liga Interna de Colexios conta tamén coa colaboración de Coca-Cola, Larsa e Displave; e tamén ten o apoio e o refozo da Concellería de Deportes do Concello de Vigo, o Instituto Municipal dos Deportes, a Fundación Vigo en Deporte (VIDE) e a Federación Galega de Baloncesto.

.

A Presentación Oficial da 10ª Liga LINCO - Linorsa 2012 terá lugar o próximo venres día 27 de xaneiro do 2012 a partir das 16:15 horas nos Pavillón Municipal de Navia, nun acto onde se presentarán ás Escolas Deportivas participantes no que será o pistoletazo de saída do décimo aniversario da competición interescolar organizada polo Seis do Nadal.