sábado, 10 de diciembre de 2011

COMEZA A LIGA 1ª DIVISIÓN CADETE FEMININA 2011/2012 PARA O EQUIPO CADETE FEMININO "A" DO CLUB

(O equipo Cadete Feminino "A" da presente tempada 2011/12)

.

O combinado Cadete Feminino "A", Seis do Nadal - Coia, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por Jorge Martínez, Pablo Sánchez e Ignacio Sánchez, xa coñece o calendario de xogo da Liga 1ª División Cadete Feminina da presente tempada 2011/2012 que comeza esta fin de semana do 10 e 11 de decembro do 2011.

.

O equipo finalizou a primeira das fases da categoría, a Copa Galicia desta nova tempada 2011/2012. O Cadete Feminino "A" da entidade estivo encadrado no grupo "B" da Copa Galicia xunto ao Celta Maristas (Vigo), o vígués Compañía de María, e os ourensáns Pabellón Ourense e Carmelitas Seoane Rodicio. Despois de oito partidos disputados e cun balance de catro vitorias e catro derrotas, o noso conxunto rematou na terceira posición da clasificación do grupo:

.

.

A Liga 1ª División Cadete Feminina estará integrada por 10 equipos que xogarán nun grupo único por sistema de liga a dobre volta todos contra todos, disputándose un total de 18 xornadas. Os equipos que conforman dita competición son:

.

SEIS DO NADAL - COIA (Vigo)

PONTUMIO ÓPTICA TABORA (Pontedeume)

MARISTAS BCA (A Coruña)

ENSINO (Lugo)

PABELLÓN OURENSE (Ourense)

MERCEDARIAS HOTEL SUIZO (Ferrol)

CELTA MARISTAS (Vigo)

CÍA MARÍA VIGO (Vigo)

CARMELITAS SEOANE RODICIO (Ourense)

ARXIL "A" (Pontevedra)

.

Despois do sorteo do calendario celebrado o pasado día 21 de novembro o equipo Cadete Feminino "A" comezará a Liga 1ª División Cadete Femininva visitando ao Compañía María Vigo o próximo domingo día 11 de novembro ás 12:00 horas no Colexio Compañía de María. Pódese consultar o calendario de xogo completo pulsando aquí.

.

O Cadete Feminino "B" na Liga 2ª División Cadete

.

Na mesma categoría e estando encadrado no Grupo "E" da Liga 2ª División Cadete Feminina compite o Cadete Feminino "B" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, combinado que xa disputou sete xornadas da súa competición.

.

(O conxunto Cadete Feminino "B" da nova tempada 2011/2012)

.

O grupo Cadete Feminino "B" do club, adestrado e dirixido por Carlos Guada, disputou sete partidos da liga cun balance de cinco vitorias máis dúas derrotas. Esta xornada o Seis do Nadal "B" se enfrontará ao Colexio Mariano o próximo sábado día 10 de novembro ás 16:00 horas no Colexio Seis do Nadal.