sábado, 17 de diciembre de 2011

EQUIPOS DO SEIS DO NADAL - COIA PARTICIPARÁN EN DOUS TORNEOS ORGANIZADOS NA VILA DE MARÍN

.

O próximo domingo 18 de decembro do 2011 se celebrará o 8º Torneo Internacional de Minibásquet "Vila de Marín" no Pavillón A Raña, organizado polo Marín Peixegalego no que participarán un total de oito equipos divididos en dous grupos que buscarán conseguir o novo título de campión.

.

Unha tempada máis o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participará neste tradicional torneo de Nadal. Así o equipo Alevín Masculino "A", adestrador por Alicia Álvarez e Borja Martínez, participará no torneo xunto a conxuntos da talla de Oporto, Agustinos Eras León, Estudiantes de Lugo, Escolas Deportivas de Ourense, Rosalía Castro de Santiago e Básquet Coruña.

.

(Equipo Alevín Masculino "A" do C.B. Seis do Nadal - Coia)

.

O equipo do Seis do Nadal - Coia estará encadrado no grupo "A" xunto ao Agustinos de León, as Escolas Deportivas de Ourense e Básquet Coruña. Os partidos que xogará o Seis do Nadal - Coia na primeira fase durante a xornada da mañá son os seguintes:

 

09:00 h.: AGUSTINOS LEÓN - SEIS DO NADAL COIA

12:00 h.: BÁSQUET CORUÑA - SEIS DO NADAL COIA

13:00 h.: SEIS DO NADAL COIA - ESCOLAS OURENSE

 

Unha vez rematada a fase de grupos, o 1º e 2º do grupo "A" se enfrontarán ao 2º e 1º do grupo "B" sendo os gañadores os dous equipos da final do torneo. Os terceiros e cuartos dos grupos se enfrontarán entre eles para coñecer os equipos que ocuparán os postos do 5º ao 8º.

 

I Torneo Infantil Feminino "Vila de Marín" 2011

 

Paralelamente ao torneo de minibásquet, o Marín Peixegalego organiza, no Pavillón de Sequelo e na mesma xornada do domingo día 18 de decembro, a primeira edición do Torneo Infantil Feminino "Vila de Marín" aproveitando a presenza do clubs no torneo alevín.

 

O equipo Infantil Feminino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, dirixido por Sergio González, Alicia Álvarez e Daniel Rodríguez, participarán no cuadrangular xunto ao Marín Peixegalego, Estudiantes de Lugo e Agustinos Eras de León.

.

(Equipo Infantil Feminino "A" de Coia da Liga 1ª División)

.

As semifinais se disputarán ás 10:30 horas e ás 12:30 horas e enfrontarán ao Marín Peixegalego e Seis do Nadal - Coia, e ao Agustinos Eras León e ao Esutdiantes de Lugo. Os equipos participantes xogarán ás 16:00 horas o terceiro e cuarto posto, sendo ás 18:00 horas a gran final.