(Cío García recibindo o premio do II Certame "O Nadal e o Baloncesto")
.
O Director Executivo da Delegación en Vigo da Federación Galega de Baloncesto, José Luis Pérez, fixo entrega na tarde do pasado martes 27 de decembro a Cío García Barderas do seu premio como vencedor absoluto do II Certame "O Nadal e o Baloncesto".
.
Cío García, xogador alevín do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia, resultou galardoado o pasado día 20 de decembro co primeiro premio do concurso de deseño, en virtude do cal a súa obra "En Navidad llueven balones para todos" converteuse na postal oficial da Federación Galega de Baloncesto para felicitar as festas na presente tempada 2011/2012.
.
No acto de entrega do seu premio, celebrado nos locais da Delegación Viguesa, Cío García recolleu un vale de 100 euros para material deportivo así como un exemplar do libro "Historia do Baloncesto en Galicia". Do mesmo xeito, recibiu por parte do Directo Executivo zonal o agradecemento pola implicación en dito certame e o seu bo facer.