.
.(Grupo de adestradores/as do club formando parte da cadea humana)
.
Moitas miles de persoas se concentraron ao longo da mañá do pasado venres 25 de novembro do 2011 en distintos puntos da xeografía galega en actos convocados coa finalidade de rexeitar a violencia de xénero con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
.
En Vigo levouse a cabo unha iniciativa do Consello Municipal da Muller e da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo que se centrou na construcción dunha gran cadea humana na cidade, cadea na que participaron preto de 5.000 persoas e que recorría varios kilómetros polo centro da cidade para amosar o seu rexeitamento á violencia de xénero.
.
Na cadea, na que as moitas personas se intercalaron con 600 siluetas de muller en representación das víctimas que houbo desde o ano 2003, participaron representantes do mundo da música, do mundo do cine, do mundo editorial, políticos, clubs deportivos, representantes colectivos sociais e vecinais, e uns 1.500 estudiantes de secundaria.
.
Entre os miles de persoas da cadea humana participou o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, representado por un grupo de adestradores e adestradoras da nosa entidade que formaron parte da cadea no Día Internacional contra a Violencia de Xénero amosando un compromiso real e unha implicación decidida por combatir a violencia de xénero.