miércoles, 2 de noviembre de 2011

NOVA VITORIA NA PRÓRROGA DO SÉNIOR MASCULINO AUTONÓMICO ANTE O XUVEN EN CAMBADOS

(Xogadores do Sénior Masculino Autonómico ante o Xuven en Cambados)

..

XUVEN (Cambados) 62

..

SEIS DO NADAL - COIA (Vigo) 65

.

Nova vitoria a conseguida polo combinado Sénior Masculino Autonómico do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia o pasado sábado día 29 de outubro do 2011 en Cambados, no Pavillón Municipal de O Pombal, no partido correspondente a cuarta das xornadas da Liga 2ª División Sénior Masculina 2011/12 que enfrontaba ao noso conxunto e ao Xuven.

.

Neste partido correspondente á cuarta xornada da liga, César Álvarez, adestrador do conxunto, non puido contar con tódolos seus xogadores e completou o plantel cun xogador júnior da entidade. O partido comezou cunha primeira metade na que o Xuven realizou un mellor xogo, tanto nas accións ofensivas coma en defensa, que o Seis do Nadal - Coia, conxunto que conseguía encadear algunhas boas xogadas en ataque pero de xeito irregular.

.

(Un dos tempos mortos solicitados por César Álvarez en Cambados)

.

O inicio do terceiro período supuso un cambio na intesidade defensiva do conxunto vigués o que fixo posible recortar as distancias no marcador e chegar ao último cuarto cun punto de vantaxe despois de ir todo o encontro por debaixo.

.

O cuarto período tivo dous momentos totalmente diferenciados por un tempo morto solicitida por César Álvarez, adestrador do Seis do Nadal - Coia. Ata o tempo morto o combinado visitante cometeu tres erros defensivos seguidos ao que se lle sumou o desacerto nas accións ofensivas, situacións que fixeron que o Xuven volvese a alonxarse no marcador. Despois do tempo morto, os xogadores do Seis do Nadal lonxe de deixar escapar o partido, aumentaron novamente a intensidade do xogo e anotaron catro triples que lograron resucitar o partido e volver ás táboas ao final do tempo regulamentario.

.

Os cinco minutos da prórroga foron suficientes para que os integrantes do Seis do Nadal - Coia non deixaran escapar unha nova vitoria (62-65), a que sería a cuarta vitoria consecutiva na Liga 2ª División Sénior Masculina.

.

Despois da disputa da cuarta xornada da Liga 2ª División Sénior Masculina 2011/2012 o Seis do Nadal - Coia ocupa a segunda posición da táboa co mesmo número de vitorias (4) que o primeiro clasificado da liga, o Ourense Capital Termal. A clasificación completa da competición é a seguinte:

.