lunes, 31 de octubre de 2011

DEPORTISTAS DO SEIS DO NADAL NAS NOVAS XORNADAS DE TRABALLO DAS PRESELECCIÓNS GALEGAS

.

.

O actual mes de novembro comezou e con el comeza a recta decisiva de traballo para as preseleccións galegas infantís e cadetes. Programado o Campionato de España para xaneiro do 2012, entre os días 2 e 8), as catro preseleccións están a cumprir a planificación establecida pola área deportiva da Federación Galega de Baloncesto para realizar o maior número de sesións de adestramento posibles.

.

E precisamente, aproveitando a fin de semana da festividade do día 1 de novembro, as preselccións galegas distribuíronse pola xeografía galega para realizar cadansúa concentración. As preseleccións masculinas cubriron as datas do 29, 30 e 31 de outubro, ocupando as femininas as do 30 e 31 de outubro e a do primeiro de novembro.

.

A preselección galega cadete feminina concentrouse en Noia e asistiron tres xogadoras do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia. Sara Araújo, Sara Fernández e Irea González, as tres xogadoras do equipo Cadete Feminino "A" e adestradas por Jorge Martínez e Pablo Sánchez, representaron ao club de Coia nesta concentración.

.

Na vila de Tui organizouse a concentración da preselección galega infantil feminina á que asistiron Alicia Muñoz, Ángela Rodríguez e Mª Carmen Rodríguez, xogadoras as tres do Infantil Feminino "A" do club e dirixidas por Sergio González e Alicia Álvarez.

.

Por último, Borja Astray, integrante do combinado Infantil Masculino "A" do club e adestrador por Albert Tomas e Carlos Guada, foi convocada á concentración da preselección infantil masculina celebrada en A Coruña.