lunes, 21 de noviembre de 2011

5º CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL DO C.BC. SEIS DO NADAL - COIA

.(Postal gañadora da pasada tempada 2011/12 realizado por Álex Campos)

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia co obxectivo de achegar o Nadal a tódolos nosos deportistas e, en especial, aos nosos xogadores/as máis pequenos, e despois da gran aceptación e o éxito das tempadas pasadas, organizará nesta campaña 2011/2012 o 5º Concurso de Postais de Nadal no que poderán participar tódolos nosos xogadores e xogadoras de categoría minibásquet.

.

As bases deste 5º Concurso de Postais de Nadal do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia que se volve a convocar por quinto ano consecutivo son:

.

- Participantes: tódolos xogadores e xogadoras de categoría minibásquet dos equipos federados e das escolas deportivas (categorías prebenxamín, benxamín e alevín).

.

- Deseño e tamaño da postal: poderá estar realizada a man ou mesmo a través do ordenador, en branco e negro ou a cor. O tamaño da postal deberá ser de medio folio e non se poderá empregar purpurina nin algodón.

.

- Motivos da postal: a postal deberá ter ao Nadal e máis ao baloncesto como motivos principais.

.

- Data límite de entrega: venres día 2 de decembro do 2011.

.

- Forma de entrega: as postais deberán ser entregadas aos adestradores/as ou monitores correspondentes antes da data límite, ou enviadas coa maior calidade posible ao mail do club: baloncestoseisdonadalcoia@gmail.com.

.

- Premio do concurso: a postal gañadora do concurso será a postal de Nadal coa que a entidade felicitará as festas esta tempada a tódolos seus deportistas, adestradores, familiares, amigos, colaboradores, patrocinadores, etc.

.

A comunicación da postal gañadora farase público o luns día 5 de decembro do 2011 a través da páxina do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.