martes, 18 de octubre de 2011

CONSEGUIDA A SEGUNDA VITORIA DO SÉNIOR MASCULINO AUTONÓMICO EN VILAGARCÍA NA LIGA 2ª DIVISIÓN

(O Sénior Masculino Autonómico na segunda xornada da 2ª División)

..

LICEO CASINO (Vilagarcía de Arousa) 72

..

SEIS DO NADAL - COIA (Vigo) 75

.

Nova vitoria conseguida polo Sénior Masculino Autonómico do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia o pasado sábado 15 de outubro do 2011 no Pavillón de Fontecarmoa (Vilagarcía de Arousa) no partido correspondente á segunda xornada da Liga 2ª División Sénior Masculina 2011/2012.

.

O partido comezou cun primeiro período de gran igualdade no que ningún dos dous equipos do xogo conseguía adiantarse no marcador (15-15). No segundo cuarto o conxunto do Seis do Nadal aproveitou a fluidez do seu ataque estático e a elevada porcentaxe de tiro exterior dos seus xogadores para chegar ao descanso cun 34-44 no marcador.

 

Cando parecía que na segunda metade do encontro continuaría a liña ascendente do Seis do Nadal - Coia, no terceiro período o equipo local conseguía achegarse no marcador e volver a ter opcións de disputar o encontro, perdendo así toda a vantaxe conseguida no inicio do cuarto.

.

(O equipo do Seis do Nadal nunha acción ofensiva en Vilagarcía)

.

O último período do encontro comezou cun axustado 58-59 no marcador, pero de novo a mellor das versións do Seis do Nadal apareceu na pista de Fontecarmoa, cunha gran defensa que evitaba os intentos do equipo de Vilagarcía de adiantarse no marcador e cun gran acerto nas accións de contraataque.

 

A falta dun minuto para o final do partido o electrónico marcaba un 70-73 a favor do Seis do Nadal, pequena vantaxe que se mantivo ata o final do encontro conseguindo a segunda vitoria na competición por 72 a 75, primeira vitoria a domicilio do combinado dirixido por César Álvarez.

 

Despois da segunda xornada da 2ª División Sénior Masculina 2011/2012 o Seis do Nadal - Coia ocupa a terceira posición da clasificación. A clasificación completa da competición é a seguinte: