martes, 6 de septiembre de 2011

XA PUBLICADOS OS CALENDARIOS E RIVAIS DOS CADETES "A" DO CLUB NA COPA GALICIA 2011/2012

.

A primeira división da categoría cadete, tanto masculina como feminina, da Federación Galega Baloncesto xa coñece desde o pasado luns 5 de setembro o seu calendario para a Copa Galicia 2011/2012.

.

A Copa Galicia desta nova tempada 2011/2012 presenta un novo sistema de competición. Os doce equipos que xogarán na Liga 1ª División Cadete Masculina se repartiron en tres grupos de catro participantes cada un; mentres que os dez equipos que conforman a Liga 1ª División Cadete Feminina se dividiron en dous grupos de cinco conxuntos cada un.

.

O equipo Cadete Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia, adestrado por César Álvarez e Diego Montenegro, participará no grupo "B" da Copa Galicia 2011/2012 xunto ao Porriño Baloncesto Base Canteiras (Porriño), Santo Domingo Betanzos (Betanzos) e Estudiantes Lugo (Lugo).

.

Despois do sorteo do calendario da competición o conxunto Cadete Masculino "A" comezará a competición recibindo ao Porriño Baloncesto Base a próxima fin de semana do 17 e 18 de setembro.

.

O calendario completo do grupo "B" da Copa Galicia Cadete Masculina 2011/12 pódese consultar aquí:

.

1ª x. (18/09): Seis do Nadal Coia - Porriño Baloncesto Base

2ª x. (25/09): Estudiantes Lugo - Seis do Nadal Coia

3ª x. (02/10): Seis do Nadal Coia - Santo Domingo Betanzos

4ª x. (09/10): Porriño Baloncesto Base - Seis do Nadal Coia

5ª x. (22/10): Seis do Nadal Coia - Estudiantes Lugo

6ª x. (23/11): Santo Domingo Betanzos - Seis do Nadal Coia

.

Cada un dos tres grupos xogará por sistema de liga a dobre volta (6 xornadas) clasificándose para a Fase Final o primeiro clasificado de cada un dos tres grupos e o mellor segundo. Estes catro equipos disputarán en réxime de concentración, nunha fin de semana, a Fase Final.

.

O Cadete Feminino "A" do club dirixido por Jorge Martínez, Pablo Sánchez e Ignacio Sánchez, estará encadrado no grupo "B" da Copa Galicia 2011/2012 xunto ao Carmelitas Seone Rodicio (Ourense), Celta Maristas (Vigo), Cía María Vigo (Vigo) e Pabellón Ourense (Ourense).

.

A primeira das xornadas que xogará o noso conxunto Cadete Feminino "A" será viaxando á pista do Carmelitas Seoane Rodicio (Ourense) a próxima fin de semana dos días 10 e 11 de setembro, sendo o primeiro equipo do club que comeza a súa competición oficial.

.

O calendario completo do grupo "B" da Copa Galicia Cadete Feminina 2011/12 pódese consultar aquí:

.

1ª x. (11/09): Carmelitas Seonae - Seis do Nadal Coia

2ª x. (17/09): Seis do Nadal Coia - Celta Maristas

3ª x. (18/09): Descansa Seis do Nadal Coia

4ª x. (25/09): Seis do Nadal Coia - Cía María Vigo

5ª x. (02/10): Pabellón Ourense - Seis do Nadal Coia

6ª x. (16/10): Seis do Nadal Coia - Carmelitas Seoane

7ª x. (23/10): Celta Maristas - Seis do Nadal Coia

8ª x. (06/11): Descansa Seis do Nadal Coia

9ª x. (13/11): Cía María Vigo - Seis do Nadal Coia

10ª x. (20/11): Seis do Nadal - Coia - Pabellón Ourense

.

Os dous grupos xogarán por sistema de liga a dobre volta (10 xornadas) clasificándose para a Fase Final os dous primeiros equipos de cada grupo. Estes catro equipos disputarán en réxime de concentración, nunha fin de semana, a Fase Final.