martes, 6 de septiembre de 2011

O SÉNIOR MASCULINO AUTONÓMICO XA COÑECE O CALENDARIO DA LIGA 2ª DIVISIÓN SÉNIOR MASCULINA 11/12

.

Despois do sorteo do calendario celebrado a pasada tarde do luns día 6 de setembro, xa está dispoñible o calendario da Liga 2ª División Sénior Masculina da Federación Galega de Baloncesto da próxima tempada 2011/2012.

.

Os calendarios de xogo dos dous grupos desta Liga 2ª División Sénior Masculina que comezará a próximo fin de semana dos días 8 e 9 de outubro están xa dispoñibles na páxina web da Federación Galega de Baloncesto (www.fegaba.com).

.

Un total de 24 combinados participarán na Liga 2ª División Sénior Masculina que se repartirán en dous grupos de doce equipos cada un, o grupo Norte e o grupo Sur. O noso equipo, adestrado un ano máis por César Álvarez, estará encadrado no grupo Sur da competición xunto a:

.

SEIS DO NADAL - COIA (Vigo)

NOVACAIXAGALICIA INSTITUTO ROSALÍA (Santiago)

C.B. BAIONA (Baiona)

C.B. GROVE TURIMARES SL (O Grove)

CRUZ ALTA (Ourense)

VINACOTECA LEMBRANZA LICEO CASINO (Vilagarcía)

C.B. ALLARIZ (Allariz)

XUVEN (Cambados)

C.B. O MECO (O Grove)

OURENSE CAPITAL TERMAL (Ourense)

MGR VAL DE LEMOS (Monforte de Lemos)

MARÍN PEIXEGALEGO (Marín)

.

A primeira xornada da Liga 2ª División Sénior Masculina terá lugar a fin de semana do 8 e 9 de outubro e o noso conxunto, equipo que militará na máxima categoría sénior masculina da cidade de Vigo, recibirá ao combinado ourensán Cruz Alta. Pódese acceder ao calendario compelto pulsando aquí.