viernes, 10 de junio de 2011

A TEMPADA 2010/2011 DESPIDE O TRABALLO DE TECNIFICACIÓN CUN CETI DE CATEGORÍA ALEVÍN EN VIGO

.

.

A Delegación en Vigo da Federación Galega de Baloncesto pecha este sábado día 11 de xuño do 2011 a tempada de traballo de tecnificación para o total das Delegacións Zonais da Federación Galega de Baloncesto.

.

A área técnica desta delegación céntrase nesta última cita na categoría minibásquet, tanto masculina como feminina. Faino a través dunha convocatoria aberta que convida a participar o sábado, a partir das 10:00 horas os nenos e das 11:30 horas para as nenas, no Colexio Maristas de Vigo, a todos aqueles xogadores e xogadoras nadas nos anos 2000 e 2001.

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia estará presente nesta concentración coa participación de seis xogadores e catro xogadoras de categoría alevín. En categoría masculina estarán presentes no Centro de Tecnificación Cío García, Javier Durán, Pablo Gil, Javier Montes, Javier Román e Guillermo Rodríguez, xogadores do Alevín Masculino "B" e adestrados por Alicia Álvarez. En categoría feminina acudirán Nerea Arambarri, Berta Rodríguez, Carmen Soto e Laura Vilanova, xogadoras do Alevín Feminino "B", Seis do Nadal SD Navia, dirixidas por Vinca Rolán.

.

Configúrase desta forma a derradeira chamada a tomar parte do apartado da tecnificación para esta temporada 2010/2011, unha cita que non por ser a última deixará de afondar, como se ven facendo desde o primeiro dos días, na mellora individual e técnica de todos os participantes.