jueves, 16 de junio de 2011

O C.BC. SEIS DO NADAL - COIA MELLOR CLUB DA DELEGACIÓN VIGUESA DE BALONCESTO 2010/2011

.

A Delegación Viguesa de Baloncesto emitiu esta semana a Clasificación de Clubs da DVB por puntos da tempada 2010/11. Nesta clasificación de fin de tempada tense en conta (segundo o baremo de puntos en descenso unitario en cada unha das clasificacións zonais finais) os equipos participantes de cada club e, por suposto, os resultados deportivos.

.

Na presente tempada 2010/11 xa finalizada, o Mellor Club de Vigo e Comarca, é dicir, o primeiro clasificado na Clasificación de Clubs da Delegación Viguesa de Baloncesto foi o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

.

Deste xeito, o Club Baloncesto Seis do Nadal consegue por décimo ano consecutivo este título outorgado pola Delegación Viguesa de Baloncesto. O noso club acadou este galardón nos cursos 2001/02, 2002/03, 2003/04, 2004/05, 2005/06, 2006/07, 2007/08, 2008/09, 2009/10 e, agora, 2010/11.

.

Este galardón volve a mostrar novamente o excelente e sólido traballo de formación que se desenvolve na nosa entidade co deporte base, converténdose na mellor canteira da cidade de Vigo e dunha das mellores canteiras de formación de Galicia.

.

A clasificación xeral por puntos dos dez primeiros Clubs da Delegación Viguesa de Baloncesto da tempada 2010/2011 é a seguinte:

.

1º- SEIS DO NADAL - COIA (236)

2º- PORRIÑO BALONCESTO BASE (199)

3º- SALESIANOS (140)

4º- TUI (122)

5º- MARISTAS (117)

6º- BAIONA (103)

7º- COMPAÑÍA DE MARÍA (87)

8º- APÓSTOL (84)

9º- SAN JOSÉ DE LA GUÍA (70)

10º- VIGO A.M. (66)