martes, 14 de junio de 2011

O ALEVÍN MASCULINO "A" DO CLUB 3º CLASIFICADO DO IV TORNEO DE MINIBÁSQUET DO BBC VILAGARCÍA

.

Os pasados venres 10, sábado 11 e domingo 12 de xuño do 2011 o equipo Alevín Masculino "A", Seis do Nadal "A", do club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Carlos Rodríguez, Nicolás Paz e Pablo García, participou no IV Torneo de Minibásquet 2011 organizado polo BBC Vilagarcía, torneo no que acadou un meritorio terceiro posto.

.

O Valladolid non tivo ningunha opción ante o Colexio Leonés na final do torneo disputada no pavillón de Fontecarmoa, sede de tódolos encontros, cun resultado de 100-54. Anteriormente, a última xornada da cita arousán arrancou co partido polo sétimo e oitavo postos, con vitoria do Porto por 54-4 sobre o Vasco da Gama. O Meco impúxose despois 87-47 ao Breogán de Lugo na loita pola quinta praza. O Seis do Nadal venceu por 39-65 ao Sigaltec BBC na final de consolación polo terceiro e cuarto posto.

.

O clasificación final do IV Torneo de Minibásquet 2011 do BBC Vilagarcía quedou como segue:

.

1º- COLEXIO LEONÉS (León)

2º- BR VALLADOLID (Valladolid)

3º- SEIS DO NADAL - COIA (Vigo)

4º- NOVACAIXAGALICIA BBC (Vilagarcía de Arousa)

5º- CB O MECO (O Grove)

6º- CB BREOGÁN (Lugo)

7º- FC PORTO (Portugal)

8º- VASCO DA GAMA (Portugal)

.