jueves, 21 de abril de 2011

OS EQUIPOS INFANTÍS "A" DO CLUB NA SEGUNDA EDICIÓN DA VILAGARCÍA BASKET CUP FUTURE STARS 2011

.

.

O Infantil Masculino "A", Seis do Nadal "A", e o Infantil Feminino "A", Seis do Nadal "A", do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participará os vindeiros días 21, 22 e 23 de abril do 2011 na Vilagarcía Basket Cup Base Future Stars, campionato que se organiza por segunda vez nesta edición da Vilagarcía Basket Cup 2011.

.

O combinado adestrado por Carlos Rodríguez e Felipe Fejioó participará en categoría infantil masculina xunto a Piélagos (Cantabria), Covadonga (Gijón) e Ponce (Valladolid) no Grupo "B" do torneo. No Grupo "A" participarán Agustinos (Léon), O Meco (O Grove), Porto (Oporto) e Fundación Breogán (Lugo).

.

Pola súa banda, o equipo Infantil Feminino "A", dirixido por Óscar Belmonte, Vinca Rolán e Beatriz Vaquero, competirá no Grupo "B" xunto a O Meco (O Grove), UMA Ponce (Valladolid) e Basketmar (Gijón). No Grupo "A" da competición infantil feminina xogarán o C.B. Arxil (Pontevedra), Agustinos (León), Fundación Breogán (Lugo) e Peleteiro (Santiago Compostela).

.

Serán 38 equipos os que participen na Future Stars que se organiza de xeito paralelo á Vilagarcía Basket Cup. Portugal, Galicica, Castela-León, Asturias, Cantabria e a Comunidade de Madrid, serán os representantes nun torneo que xa celebra a súa segunda edición.

.

O torneo será disputado no Pavillón de Fontecarmoa, con partidos de catro cuartos de 8 minutos e tamén no Pavillón da Rúa Castelao para poder dar capacidade aos máis dos 450 xogadores e xogadoras de entre 13 e 18 anos, entre os que se atopan os xogadores e xogadoras de categoría infantil do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.