viernes, 1 de abril de 2011

O SÉNIOR MASCULINO AUTONÓMICO XOGARÁ ANTE O CB BAIONA COA CUARTA PRAZA ASEGURADA

(Imaxe do partido ante o Liceo Casino no pavillón de Navia)

.

O Sénior Masculino Autonómico, Seis do Nadal - Coia, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, conseguiu unha nova vitoria ante Vinacoteca Lembranza Liceo Casino (Vilgarcía de Arousa) no partido que foi disputado no polideportivo de Navia (Vigo) correspondente á vixésima xornada da Liga FGB Sénior Masculina 2010/2011.

.

O equipo Sénior Masculino Autonómico do club sumou unha importante vitoria que lle asegura a cuarta praza do Grupo Sur da competición a falta de dúas xornadas para o remate da fase de grupos. Ambos equipos disputaron un partido moi igualado no que o marcador non reflexou en ningún momento grandes diferenzas entre os dous combinados galegos. O resultado final do encontro, 81-74, sumou unha nova vitoria ao Seis do Nadal - Coia, decimo terceira vitoria do equipo na competición.

..

.

O próximo encontro que xogará o Seis do Nadal - Coia será ante C.B. Baiona (Baiona), equipo clasificado na décima posición da competición cun balance de seis vitorias e catroce derrotas. O encontro será disputado o próximo sábado 2 de abril ás 11:00 horas no Pavillón de Panxón (Nigrán).

.

O penúltimo encontro do Grupo Sur da Liga FGB Sénior Autonómica que disputará o Sénior Masculino Autonómico, adestrado por César Álvarez, se xogará coa cuarta posición da táboa asegurada e coa posibilidade de situarse no terceiro posto en caso de conseguir unha nova vitoria ademais da derrota do Marín Peixegalego na casa de O Meco.

.

A clasificación do Grupo Sur da Liga FGB Sénior Masculina despois da vixésima xornada, onde o noso conxunto ocupa á cuarta posición co mesmo número de vitorias e derrotas que o terceiro clasificado, Marín Peixegalego, é:

.