lunes, 18 de abril de 2011

O SEIS DO NADAL ORGANIZA EN SEMANA SANTA OS TORNEOS "COIA, NÚCLEO DE BALONCESTO EN VIGO"

(Na imaxe, Francisca García, secertaria do club; o concelleiro e presidente de Vide, Xabier Alonso; a directora xerente da Fundación Vigo en Deporte, Laura Magdalena; e o director deportivo do club, Sergio González)

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal Coia organizará en Semana Santa o seu torneo internacional "Coia, núcleo de baloncesto en Vigo", que para cadetes entra na súa cuarta edición e para infantís na terceira. O evento está patrocinado pola Concellería de Deportes e apoiado por VIDE.

.

Uns 450 participantes de 27 equipos procedentes de Galicia, Asturias, Castela-León e Portugal competirán na polideportiva de Balaídos durante tres días, o 22, 23 e 24 deste mes. O Gafanha portugués, en categoría cadete masculina serie B, defende os títulos de 2009 e de 2010, mentres que en cadete masculina serie A e en cadete feminina haberán novo campión en lugar da selección zonal de Vigo e do FC Porto, campións da tempada pasada respectivamente.

.

O club que preside Mar Lago mantén o mesmo formato de anos anteriores. Cada xornada haberá un campión infantil e un campión cadete, estando os equipos divididos en tres series). A competición servirá aos conxuntos galegos para preparar as Copas Galicias e o final de tempada; o Seis do Nadal buscará sumar algún título: en 2009 xa gañou na serie A de categoría cadete masculina.

.

Nesta nova edición hai combinados que repiten (o Gafanha é habitual e tamén volve o Agustinos Eras de León ou o Básquet Coruña) e outros que, xogando o torneo vigués outros anos, competiron en Vigo noutras categorías. Tamén hai novidades como o CPN de Ermesinde (Porto, Portugal) e representación de catro provincias galegas.

.

En categoría cadete competirán dezoito equipos fronte aos nove conxuntos inscritos en infantil. Cada xornada comezará ás 10:00 horas, disputándose as súas finais ás 19:15 horas. O torneo infantil xogarase sempre de tarde, coa participación de Seis do Nadal, CB Arxil (Pontevedra), Gafanha Basquetebol (Portugal), O Meco (Grove), Eduardo Blanco Amor (Ourense), Marín Peixegalego e Porriño Baloncesto Base.