.
INFANTIL FEMININO "B"
.
1º CLASIFICADO LIGA ZONAL G-B 2010/11
.
O equipo Infantil Feminino "B", Seis do Nadal "B", do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Beatriz Vaquero, rematou a Segunda Fase da Liga Zonal DVB Infantil Feminina División "A" desta tempada 2010/2011 na primeira posición do Grupo "B".
.
O conxunto Infantil Feminino "B" disputou a segunda fase da competición no Grupo "B" despois de finalizar na oitava posición da primeira fase. A clasificación final da primeira fase da competición zonal infantil feminina foi a seguinte:
.
.
No Grupo "B" da segunda fase da liga o Seis do Nadal "B" enfrontouse ao Maristas Celta, C.B. Airexa Nigrán e Canteiras "B"; quinto, sétimo e sexto clasificados da primeira das fases respectivamente. Cun balance positivo de catro vitorias e dous derrotas o Infantil Feminino "B" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia conseguiu rematar no primeiro posto do grupo mellorando o rexistro da primeira fase de forma notable.
.
A clasificación final do Grupo "B" da Segunda Fase da Liga Zonal DVB Infantil Feminina División "A" 2010/2011 foi:
.