lunes, 25 de abril de 2011

O EQUIPO DO GD GAFANHA CAMPIÓN DO 4º TORNEO INTERNACINOAL CADETE MASCUINO SERIE "B"

.

(Os xogadores portugueses do GD Gafanha co trofeo de campións do torneo)

.

O pasado venres día 22 de abril do 2011 o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizou a xornada de categoría Cadete Masculina Serie "B" do 4º Torneo Internacional Cadete "Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo", xornada na que o GD Gafanha conseguiu de novo o título de campión ao igual que na edición pasada.

.

Os seis conxuntos que competiron nesta xornada de categoría Cadete Masculina Serie "B" foron os equipos do club anfitrión Seis do Nadal "A" e Seis do Nadal "B" (Vigo); xunto ao GDG Basquetebol (Gafanha), o Eduardo Blanco Amor (Ourense), Colexio Apóstol (Vigo) e Marín Peixegalego (Marín).

.

Os equipos que quedaron clasificados na primeira posición dos grupos foron o GDG Basquetebol e o Eduardo Blanco Amor. No grupo "A" o segundo posto foi para o Seis do Nadal "A" seguido do Marín Peixegalego na terceira posición; sendo o segundo clasificado do grupo "B" o Colexio Apóstol Vigo e o terceiro clasificado o Seis do Nadal "B".

.

Na fase final de cruces, disputada pola tarde, no partido polo 5º e 6º posto enfrontaronse o Marín Peixegalego e o Seis do Nadal "B", concluíndo gañador do encontro o equipo do club anfitrión cun 66-55 final. O partido polo 3º e 4º posto disputado polo Seis do Nadal "A" e o Colexio Apóstol tivo opcións para os dous conxuntos ata o último cuarto xa que este comezaba cun 41-49 no marcador. O equipo vigués do Colexio Apóstol foi quen se levou o encontro xa que no último período non deixou perder a vantaxe conseguida ao longo de todo encontro.

.

(O Eduardo Blanco Amor subcampión da Serie "B" do 4º Torneo Cadete)

.

O cruce final de categoría masculina Serie "B" do 4º Torneo Internacional Cadete 2011 enfrontou ao equipo do GD Gafanha e ao Eduardo Blanco Amor nunha final dominada desde o prinicipio do encontro polo combinado portugúes, conseguindo nun primeiro cuarto un parcial de 33-10 que foi avanzando ata o resultado final de 100-33, resultado que proclamaba campión da categoría masculina Serie "B" ao equipo de Gafanha tal como o facía fai un ano na edición do torneo do 2010.

.

.

.

.

.

No acto de clausura e na entrega de premios desta xornada de categoría Cadete Masculina Serie "B" do Torneo Internacional Cadete 2011 estivo presente Mar Lago, Presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal; Francisca García, Concepción Martíns e Adrián Sabido, membros da Xunta Directiva do club; Sergio González, Director Deportivo da entidade; e Jorge Martínez e Breixo Solla en represetación dos adestradores e adestradoras do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.