domingo, 17 de abril de 2011

O EQUIPO CADETE MASCULINO "B" DO CLUB 11º CLASIFICADO DA LIGA ZONAL CADETE MASCULINA 2010/11

.

CADETE MASCULINO "B"

.

11º CLASIFICADO LIGA ZONAL DVB 2010/11

.

O grupo Cadete Masculino "B", Seis do Nadal "B", do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Sergio García, rematou a Liga Zonal Cadete Masculina da presente tempada 2010/2011 na undécima posición da clasificación.

.

O equipo Cadete Masculino "B" do club xogou a liga a unha volta polos postos 11º, 12º e 13º da competición, despois de rematar na sexta posición do Grupo "A" da fase de grupos. Esta liga a unha volta a disputou xunto ao Salesianos "B", sétimo clasificado do Grupo "A", e ao Colexio Mariano, sexto clasificado do Grupo "B" da primeir das fases. O noso equipo conseguiu impoñerse aos dous conxuntos nos dous partidos disputados cun 38-61 ante o Salesianos "B" e cun 49-37 ante o C. Mariano, conseguindo así a undécima posición.

.

A clasificación final da Liga Zonal DVB 2010/11 de categoría Cadete Masculina foi a seguinte:

.

1º- SEIS DO NADAL SD NAVIA

2º- SALESIANOS

3º- CANTEIRAS "B"

4º- COMPAÑÍA DE MARÍA

5º- MARISTAS LINORSA

6º- C.B. TUI SETA

7º- APÓSTOL

8º- SEIS DO NADAL "A"

9º- C.B. BAIONA

10º- LOS SAUCES

11º- SEIS DO NADAL "B"

12º- C. MARIANO

13º- SALESIANOS "B"

..