lunes, 25 de abril de 2011

O CARMELITAS DE OURENSE NOVO CAMPIÓN DA SERIE FEMININA DO TORNEO INTERNACIONAL CADETE

(As xogadoras do Carmelitas Ourense campioas femininas do torneo)

.

O pasado sábado día 23 de abril do 2011 o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizou a xornada de categoría Cadete Feminina da Cuarta Edición do Torneo Internacional Cadete "Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo", xornada na que as xogadoras do Carmelitas Ourense conseguiron o campionato.

.

Os seis equipos que competiron nesta xornada de categoría Cadete Feminina foron os galegos Seis do Nadal - Coia (Vigo), Carmelitas Ourense (Ourense) e Pabellón Ourense (Ourense); os conxuntos portugueses GDG Basquetebol (Gafanha) e CPN Basquetebol (Oporto); e o C.B. 6,25 (Ponferrada).

.

Os seis combinados participantes estiveron divididos en dous grupos que xogaron a fase de clasificación pola mañá. Os primeiros clasificados de cada grupo foron o Seis do Nadal Coia e o Carmelitas Ourense. As segundas prazas de cada grupo foron ocupadas por Pabellón Ourense e por CB 6,25, seguidos do CPN Basquetebol e GDG Basquetebol.

.

Na fase final de cruces, disputada pola tarde, no partido polo 5º e 6º posto enfrontaronse os dous equipos portugueses nun partido que foi igualado ata os últimos intres do mesmo, sendo a vitoria para o CPN Basquetebol que realizou un gran traballo ante o GDG Basquetebol. Os equipos do CB 6,25 e Pabellón Ourense disputaron o partido polo 3º e 4º posto, encontro que foi condicionado por un parcial de 33 a 13 a favor do equipo ourensá que foi encaixado no segundo cuarto chegando ao descanso cun 44-28. Na segunda metade o equipo leonés cun gran traballo do grupo conseguiu disminuír a diferenza pero non puido superar ao seu rival.

.

(O Seis do Nadal subcampión do 4º Torneo Cadete Serie Feminina)

.

A final de categoría feminina do 4º Torneo Internacional Cadete 2011 enfrontou ao equipo do Seis do Nadal e ao Carmelitas Ourense, ambos conxuntos participantes na Liga FGB Cadete Feminina da presente tempada. A primeira metade do encontro non deixaba imaxinar o gañador do encontro xa que o primeiro cuarto foi para o Carmelitas (13-16), quedándose o segundo período en máns do conxunto anfitrión (15-13). Na segunda metade da final os equipos deixaron todo o seu esforzo e traballo na pista para conseguir o trofeo de campioas e cunha gran defensa por parte de ambos grupos o terceiro período rematou cun parcial de 4-8. O cuarto período comezou cun 32 a 37 no marcador, diferenza que o equipo ourensán conseguiu manter ata o final do encontro, sendo o novo equipo campión feminino do torneo.

.

.

.

.

.

No acto de clausura e na entrega de premios desta xornada de categoría Feminina do Torneo Internacional Cadete 2011 estivo presente Mar Lago, Presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal; Francisca García, Concepción Martíns e Adrián Sabido, membros da Xunta Directiva do club; Sergio González, Director Deportivo da entidade; e Diego Montenegro e Beatriz Vaquero en represetación dos adestradores e adestradoras do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.