miércoles, 13 de abril de 2011

O ALEVÍN FEMINION "A" DO CLUB, CAMPIÓN DA LIGA ZONAL DVB, XOGARÁ A LIGA FGB ALEVÍN 2010/11

.

ALEVÍN FEMININO "A"

.

CAMPIÓN LIGA ZONAL DVB 2010/2011

.

O Alevín Feminino "A", Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro, do club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Aalí Mohamed e Silvia Caíño, proclamouse campión do Campionato Zonal DVB Alevín Feminina da presente tempada 2010/2011, asegurándose a clasificación para a Liga FGB Alevín Feminia desta tempada.

.

A final da liga enfrontou ao Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro e ao Maristas Celta, conxuntos que superaron nas semifinais ao Seis do Nadal "B" e ao Canteiras "A", respectivamente. Os dous partidos do cruce polo título do campionato zonal foron gañados polo equipo do Seis do Nadal, conseguino no partido de ida na pista de Maristas un resultado final de 29-50 e no Colexio Celso Emilio Ferreiro conseguindo reafirmar a vitoria cun 61-36.

.

Ademais de proclamarse equipo campión da Liga Zonal DVB 2010/2011 o combinado Alevín Feminino "A" do Seis do Nadal xogará a Liga FGB Alevín Feminina, competición de ámbito autonómico que xorde nesta tempada 2010/2011, e que xogará xunto a dous conxuntos da cidade de Vigo máis: o Maristas Celta, subcampión zonal, e o equipo Canteiras "A", terceiro clasificado da competición zonal.

.

Ao final do encontro de volta, D. Alberte Zato, Presidente da Delegación Viguesa e Vicepresidente da Federación Galega de Baloncesto; xunto a Mar Lago, Presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia; e a Francisca García, Secretaria do club, entregaron os trofeos e as medallas aos equipos campión e subcampión da competición.

..

..

..