lunes, 11 de abril de 2011

4º TORNEO INTERNACIONAL CADETE "COIA, NÚCLEO DE BALONCESTO EN VIGO" DO C.B. SEIS DO NADAL

.

O club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizará a Cuarta Edición do Torneo Internacional Cadete "Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo" nesta tempada 2010/2011. Despois do gran éxito e acollida das tres edicións anteriores, repetirase esta iniciativa os días 22, 23 e 24 de abril do 2011.

.

Nos últimos días das vacacións de Semana Santa, o 22, 23 e 24 de abril do 2011, as instalacións do Pavillón Municipal de Balaídos, reunirán a un total de 18 equipos de categoría cadete con máis 250 deportistas e 40 técnicos.

.

O 4º Torneo Internacional Cadete 2011 contará con tres categorías diferentes. O venres 22 de abril disputarase o torneo de categoría Cadete Masculina Serie "B", o sábado 23 será o turno da categoría Cadete Feminina, e clausurará o torneo a categoría Cadete Masculina Seire "A" o domingo día 24.

.

Nesta nova edición participarán os equipos do club anfitrión Seis do Nadal (Vigo), os combinados galegos do Colexio Apóstol Santiago (Vigo), Pabellón Ourense (Ourense), ABO (Ourense), Marín Peixegalego (Marín), Estudiantes Fundación Balogal (Lugo), Eduardo Blanco Amor (Ourense), Carmelitas Vedruna (Ourense) e BCA Basquet Coruña (A Coruña); os conxuntos portugueses do GDG Basquetebol (Gafanha de Nazaré) e o CPN Basquetebol (Oporto), o equipo asturiano do C.B. Navia e os combinados de Castela e León: o Agustinos Eras (León) e o CB 6,25 (Ponferrada).

.

Os equipos masculinos da Selección Zonal Viguesa e o GDG Basquetebol así como o combinado feminino do FC Porto, vencedores do Torneo de Semana Santa da tempada pasada, terán nesta nova campaña tres sucesores que defenderán o título de campións do 4º Torneo Internacional Cadete 2011.

.

O torneo conta coa colaboración da Concellería de Deportes do Concello de Vigo, do Instituto Municipal dos Deportes e da Fundación Vide; e conta tamén co apoio da Secretaría Xeral para o Deporte e da Federación Galego de Baloncesto, así como de Novacaixagalicia e Coca-Cola.