martes, 29 de marzo de 2011

OS EQUIPOS ALEVÍNS DO SEIS DO NADAL - COIA NO 6º TORNEO DE MINIBÁSQUET DO C.B. BAIONA

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participará un ano máis no Torneo Internacional Minibásquet organizado polo C.B. Baiona que se celebrarán os próximos días 1, 2 e 3 de abril do 2011 no Pavillón Municipal de Baiona.

.

Participarán neste torneo, representando á nosa entidade, os equipos Alevín Masculino "A", Seis do Nadal "A", adestrado por Carlos Rodríguez, Nicolás Paz e Pablo García; e o Alevín Feminino "A", Seis do Nadal Celso E. Ferreiro, dirixido por Aalí Mohamed e Silvia Caíño.

.

.

Xunto ao noso club tamén participarán no torneo escolas de baloncesto autonómicas, nacionais e portuguesas como son Porriño Baloncesto Base, Baiona, FC Porto, Breogán Lugo, Ourense Baloncesto, Carmelitas Ourense, Marín Peixegalego, Estudiantes Asefa Madrid, Valença, Tui, RC Celta, Pontumio Coruña, La Paz Cantabria, Colexio Mariano, Blancos de Rueda Valladolid, Uva Ponce Valladolid, Arxil Pontevedra, Xuventude Cambados, Maristas Vigo, Sigaltec Vilagarcía BBC, Airexa Nigrán, Col. Salesianos Vigo, Apóstol Vigo, O Meco O Grove, Agustiones León e Basket León Feminino.

.

O venres 1 de abril do 2011 a partir das 18:00 horas se xogará a primeira das fases do campionato en categoría alevín masculina. O noso conxunto, Alevín Masculino "A", estará encadrado no Grupo "C" desta primeira fase xunto a Maristas de Vigo e Valença (Portugal). Os horarios desta primeira fase son os seguintes:

.

.

Na mañá do sábado 2 de abril do 2011 a partir das 11:00 horas será o turno da primeira das fases de categoría alevín feminina. O equipo do Seis do Nadal, Alevín Feminino "A", estará encadrado no Grupo "C" desta fase xunto a O Meco de O Grove e ao Apóstol (Vigo). Os horarios desta primeira fase feminina son os seguintes:

.