martes, 15 de marzo de 2011

O CADETE MASCULINO "C" XOGARÁ AS SEMIFINAIS DA LIGA ZONAL DVB, CAMIÑO PARA A COPA FGB 2010/11

.

O equipo Cadete Masculino "C", Seis do Nadal "C", do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Sergio González e Alicia Álvarez, xogará as semifinais da Liga Zonal DVB Cadete Masculina despois de rematar a primeira fase na primeira posición do Grupo "B".

.

As semifinais da competición enfrontarán ao conxunto Seis do Nadal "C", primeiro clasificado do Grupo "B" despois de conseguir o pleno de vitorias nos dez partidos disputados, e ao Compañía de María, segundo clasificado do Grupo "A" cun balance de dez vitorias fronte a dúas derrotas.

.

A clasificación final do Grupo "B" da primeira fase da Liga Zonal DVB Cadete Masculina foi a seguinte:

.

.

O partido de ida das semifinais da Liga Zonal DVB Cadete Masculina terá lugar a próxima fin de semana do 19 e 20 de marzo no Colexio Compañía de María, xogándose o partido de volta no Colexio Seis do Nadal a fin de semana dos días 26 e 27 de marzo. A outra semifinal enfrontará ao Canteiras "B", primeiro clasificado do Grupo "A", e ao Salesianos, segundo clasificado do Grupo "B".

.

Os gañadores de ambas semifinais disputarán a final da Liga Zonal DVB 2010/11 de categoría cadete masculina e, ademais, conseguirán unha praza para a Copa FGB Cadete Masculina 2010/2011, competición galega na que participarán os equipos campións da fase zonal de cada delegación e o subcampión da fase zonal da delegación á que pertence o equipo campión da Copa FGB Cadete Masculina da tempada anterior.