viernes, 11 de marzo de 2011

O CADETE MASCULINO "C" CAMPIÓN DO 2º TORNEO INTERNACIONAL SUB16 MASCULINO DO GD GAFANHA

.

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participou un ano máis no Torneo Internacional "22 Anos de Basquetebol na Gafanha" 2011 de Sub16 Masculino e Feminino que se celebrou os pasados luns e martes 7 e 8 de marzo do 2011 no Pavillón Deportivo de Gafanha de Nazaré (Portugal).

.

O equipo Cadete Masculino "C" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Sergio González, proclamouse campión do campionato tras tres partidos moi disputados e moi intensos nos que se conseguiu un balance positivo de dúas vitorias ante unha única derrota.

.

.

Os resultados do 2º Torneo Internacional de Sub16 Masculino foron os seguintes:

.

RESULTADOS DO TORNEO:

.

- Gafanha Luis Óptica 40 Vs Seis do Nadal - Coia 35

- FC Gaia 41 Vs Selección AB Porto Sub14 32

- Selección AB Porto Sub14 52 Vs Gafanha Luis Óptica 47

- FC Gaia 28 Vs Seis do Nadal - Coia 30

- Seis do Nadal - Coia 55 Vs Selección AB Porto Sub14 39

- FC Gaia 46 Vs Gafanha Luis Óptica 44

.

CLASIFICACIÓN FINAL:

1º) SEIS DO NADAL - COIA (Vigo)

2º) FC GAIA (Gaia)

3º) SELECCIÓN AB PORTO SUB14 (Porto)

4º) GAFANHA LUIS ÓPTICA (Gafanha de Nazaré)