viernes, 11 de febrero de 2011

OS COMBINADOS GALEGOS DE MINIBÁSQUET CONTINÚAN O SEU TRABALLO COMO PRESELECCIÓNS

.

Este ano, no que ambas Seleccións Galegas de Minibásquet competirán no Grupo Especial, o sorteo que foi celebrado pola Federación Española de Baloncesto, deparoulles a ambos equipos uns potentes compañeiros de xogo.

.

Así, en categoría feminina Galicia formará parte do Grupo Especial B xunto a Andalucía, Madrid, Canarias e Castela León. Pola súa banda, no apartado masculino acompañarán a Galicia na súa andaina, tamén no Grupo Especial B; Cataluña, comunidade subcampioa da pasada edición, Canarias, Aragón e Castela La Mancha.

.

Tódolos xogadores e xogadoras dos dous combinados galegos continúan traballando na dinámica de preseleccións, para configurar o mellor dos equipos posibles. E, precisamente, avanzando no plan de convocatorias, esta fin de semana será tamén de traballo para as citadas preseleccións. Un total de 17 xogadores reuniranse o sábado día 12 de febreiro en Cambados para proseguir cos seus adestramentos, mentras que 13 xogadoras farán o propio o domingo día 13 en Santiago de Compostela.

..

Tres deportistas do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia formarán parte das novas concentracións das Preseleccións Galegas de Minibásquet. En categoría feminina volven a estar convocadas Marta Cabaleiro (1999) e Aída González (1999), xogadoras do Alevín Feminino "A", adestradas por Aalí Mohamed e Silvia Caíño; mentres que Lois Pérez (1999), xogador do Alevín Masculino "A", adestrado por Carlos Rodríguez e Nicolás Paz, adestrará coa preselección galega de minibásquet masculina.