jueves, 6 de enero de 2011

O SÉNIOR MASCULINO AUTONÓMICO COMEZA O ANO XOGANDO NO NOVO PAVILLÓN DE NAVIA ANTE O BAIONA

.

O Sénior Masculino Autonómico, Seis do Nadal - Coia, do club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, se enfrontará na décima xornada da Liga FGB Sénior Masculina 2010/2011 ao C.B. Baiona o próximo sábado día 8 de xaneiro do 2011.

.

O pasado sábado 18 de decembro do 2010 o Sénior Masculino Autonómico visitou o Pavillón de Fontecarmoa en Vilagarcía de Arousa para enfrontarse, na novena xornada da Liga FGB Sénior Masculina 2010/2011, ao Vinacoteca Lembranza Liceo Casino, encontro que rematou cunha nova vitoria para o noso conxunto (61-64).

.

.

O próximo partido que xogará o Seis do Nadal - Coia será no novo Pavillón Municipal de Navia ante o C.B. Baiona, equipo clasificado na undécima posición da táboa cun balance dun partido gañado e oito derrotas. O partido terá lugar o sábado 8 de xaneiro do 2011 ás 20:00 horas no Pavillón Municipal de Navia (Vigo).

.

O Sénior Masculino Autonómico comezará o ano xogando o seu primeiro partido como equipo locatario no novo Pavillón Municipal de Navia, pavillón que se inaugurou a finais do pasado ano e que se converteu en pista de adestramentos do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia desde entón.

.

A clasificación do Grupo Sur despois da novena xornada da Liga FGB Sénior Masculina, onde o noso conxunto volve a sexta posición, é a seguinte:

.