viernes, 14 de enero de 2011

NOVE DEPORTISTAS ALEVÍNS DO SEIS DO NADAL - COIA NO TERCIERO CENTRO DE TECNIFICACIÓN DE VIGO

.

.

Rematado o Campionato de España de Seleccións Infantís e Cadetes e deixando atrás o descanso vacacional, a categoría de minibásquet retoma o protagonismo dentro do apartado de traballo de tecnificación da Federacíon Galega de Baloncesto.

.

A Delegación en Vigo, que xa leva realizados dous Centros de Tecnificación orientados a minibásquet, levará a cabo este domingo día 16 de xaneiro, o terceiro. Neste caso, o centro realizarase baixo unha convocatoria pechada de 15 xogadores e 16 xogadoras pertencentes a diferentes clubs.

.

En categoría alevín feminina, o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia estará representado por seis xogadoras. Ana Argüelles (1999), Marta Cabaleiro (1999), Gaila Comesaña (1999), Marta Espantoso (1999), Aída González (1999) e a xogadora Antía Pérez (1999), xogadoras do conxunto Alevín Feminino "A", adestradas por Aalí Mohamed e Silvia Caíño, serán as xogadoras que asistirán e participarán no terceiro Centro de Tecnificación de categoría alevín feminina da nosa Delegación Viguesa de Baloncesto.

.

No Centro de Tecnificación de categoría alevín masculina participarán tres deportistas do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia. Álvaro Dotras (1999), Brais Martínez (1999) e Lois Pérez (1999), xogadores os tres do combinado Alevín Masculino "A", adestrados e dirixidos por Carlos Rodríguez e Nicolás Paz, foron convocados para asistir ao terceiro Centro de Tecnificación de categoría alevín masculina da Delegación de Vigo.

.

Un total de 9 deportistas da entidade de Coia, 6 xogadoras e 3 xogadores, participará o próximo domingo 16 de xaneiro do 2010, no terceiro Centro de Tecnificación Alevín da Delegación Viguesa de Baloncesto que se celebrará ás 17:00 horas no Colexio Compañía de María.