miércoles, 12 de enero de 2011

NOVA VITORIA DO EQUIPO SÉNIOR MASCULINO AUTONÓMICO NO SEU PRIMEIRO PARTIDO EN NAVIA

(Foto: Jorge González Marqués)

.

O Sénior Masculino Autonómico, Seis do Nadal - Coia, do club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, comezou o ano 2011 xogando en Navia ante o C.B. Baiona na décima xornada da Liga FGB Sénior Masculina 2010/2011.

.

O encontro tivo lugar o pasado sábado 8 de xaneiro do 2011 no novo Pavillón Municipal de Navia en Vigo, primeiro partido do ano e primeira vez que o equipo Sénior Masculino Autonómico disputaba un encontro oficial da Liga FGB no Polideportivo.

.

Na primeira parte do xogo ningún dos dous equipos conseguía grandes vantaxes, chegando ao descanso cun marcador que reflexaba un 34-29 a favor do equipo local. Despois do tempo de descanso, no terceiro dos períodos, o Seis do Nadal - Coia desplegou o seu mellor xogo ofensivo acompañado dun gran acerto no tiro exterior, o que unido a unha elevada intensidade defensiva, facía que un parcial de 32-9 inclinara o partido a favor do equipo vigués. O último período serviu para verificar a quinta vitoria do equipo na competición cun resultado final de 80-59.

.

(Foto: Jorge González Marqués)

.

O novo Polideportivo de Navia comezaba o ano presenciando o partido do noso equipo Sénior Masculino Autonómico, cunhas gradas ás que se achegaron un gran número de aficionados para animar ao equipo na súa estrea na nova pista. Nun gran ambiente ao que se lle sumaron familiares, xogadores e xogadoras, amigos e amigas, o noso equipo conseguía unha importante vitoria facendo a ledicia de tódolos asistentes.

.

.

O próximo partido que xogará o Seis do Nadal - Coia será no Pavillón Municipal de Allariz ante o C.B. Allariz, combinado clasificado na segunda posición da táboa cun balance de nove partidos gañados e unha única derrota. O partido terá lugar o sábado 15 de xaneiro do 2011 ás 20:00 horas no Pavillón Municipal de Allariz.

.

O Sénior Masculino Autonómico, adestrado e dirixido por César Álvarez, buscará conseguir unha nova vitoria, a sexta vitoria oficial da tempada e a cuarta consecutiva, que lles siga achegando aos primeiros postos do Grupo Sur da competición.

.

A clasificación do Grupo Sur despois da décima xornada da Liga FGB Sénior Masculina, onde o noso conxunto chega á cuarta posición, é a seguinte:

.