.
As Seleccións Galegas Infantís e Cadetes están xa rumbo a Córdoba. A expedición galega afronta nestes intres unha boa viaxe que os levará a sede dunha nova edición do Campionato de España de Seleccións Autonómicas que se celebra do 3 ao 9 de xaneiro do 2011.
.
Os catro equipos galegos inician o próximo martes día 4 de xaneiro, a súa andaina nesta competición, repleta de alicientes deportivos e persoais para todos os xogadores e xogadoras, entre os que está, na Selección Galega Infantil Feminina, Ana Isabel Fernández (1997), xogadora do equipo Infantil Feminino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e adestrada por Óscar Belmonte e Vinca Rolán.
.
Presentado esta mañá oficialmente o Campionato de España ante os medios de comunicación na localidade cordobesa, agora só resta agradar a que todo o traballo realizado ata este intre polas Seleccións Galegas e os seus corpos técnicos se poda plasmar sobre as pistas andaluzas.
.
O primeiro partido da Selección Infantil Feminina, selección na que milita Ana Isabel Fernández, pertencente á primeira rolda, é o seguinte:
.
Selección Galega Infantil Feminina (GRUPO ESPECIAL 1)
Martes 04/01/2001 ás 16:00 horas: Cataluña - Galicia