jueves, 30 de diciembre de 2010

O EQUIPO CADETE MASCULINO "C" DO CLUB 2º CLASIFICADO DO VII TORNEO CADETE PBB NADAL 2010

.

O pasado mércores día 29 de decembro do 2010 o equipo Cadete Masculino "C", Seis do Nadal "C", do club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por Sergio González e Alicia Álvarez, participou no VII Torneo Cadete P.B.B. Nadal 2010 organizado pola entidade Porriño Baloncesto Base, torneo no que acadou a segunda posición.

.

O torneo acolleu a un total de oito conxuntos no Pavillón Municipal de O Porriño, catro de categoría cadete masculina e catro conxuntos femininos. No torneo de categoría masculina participaron o Canteiras "A" (O Porriño), Canteiras "B" (O Porriño), C.B. Artai (Carballo) e Seis do Nadal (Vigo).

.

O equipo do Seis do Nadal disputou a semifinal do torneo ás 10:00 horas da mañá ante o Canteiras "B" rematando cun resultado a favor de 40-80. Na final o Seis do Nadal "C" se enfrontou ao Canteiras "A", equipo participante da Liga FGB Cadete Masculina, encaixando unha derrota por 62-52 despois de competir ao longo de todo o encontro, un encontro que destacou pola súa igualdade e pola súa intensidade en tódolos seus períodos.

.

O clasificación final do VII Torneo Cadete P.B.B. Nadal 2010 quedou como segue:

.

1º- CANTEIRAS "A" (O Porriño)

2º- SEIS DO NADAL (Vigo)

3º- ARTAI (Carballo)

4º- CANTEIRAS "B" (O Porriño).

.

.

.