.
O club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participará no I Torneo de Minibásquet Ribeira Sacra que se celebrará o próximo sábado día 18 de decembro do 2010 no Pavillón Municipal de Nogueira de Ramuín.
.
Participarán neste torneo organizado polo Club Carmelitas Vedruna e o Concello de Nogueira de Ramuín, representando ao noso club, os equipos Alevín Masculino "B", Seis do Nadal "B", adestrado por Alicia Álvarez; e o conxunto Alevín Feminino "A", dirixido por Aalí Mohamed e Silvia Caíño.
.
.
Xunto ao nosos dous combinados participarán os seguintes representantes masculinos e femininos:
.
PARTICIPANTES MASCULINOS:
- CLUB OURENSE BALONCESTO (Ourense)
- EIDO EMPRESAS AB XINZO (Xinzo de Limia)
- SEIS DO NADAL (Vigo)
- CARMELITAS ACEITES ABRIL (Ourense)
.
PARTICIPANTES FEMININOS:
- CLUB OURENSE BALONCESTO (Ourense)
- SELECCIÓN GALEGA MINIBÁSQUET
- SEIS DO NADAL (Vigo)
- CARMELITAS AICA.NET (Ourense)
.
Tódolos horarios do I Torneo de Minibásquet Ribeira Sacra pódense consultar pulsando no cartel do torneo.



