.
O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia estreou o pasado luns día 20 de decembro do 2010 nova pista e instalación de adestramentos. O Pavillón Municipal de Navia será a nova pista que utilizará a entidade do barrio vigués de Coia para as súas sesións de adestramento e partidos.
.
O novo Pavillón Municipal de Navia, inaugurado no pasado mes de novembro, xa viviu os primeiros adestramentos dos equipos federados do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, despois da Presentación Oficial da tempada 2010/2011 na que se congregaron aos preto de 600 deportistas do club, entre os equipos federados e as escolas deportivas, e aos máis de 30 adestradores e adestradoras membros do corpo técnico.
.
O pavillón ten capacidade para 1.500 espectadores sentados e pódese reducir o aforo xa que 392 prazas son de grada móbil, tamén hai oito prazas dispoñibles para persoas con mobilidade reducida. Esta instalación conta ademais con oito vestiarios, ximnasio, enfermería, ascensor ou sala de prensa, entre outras dotacións.
.
Esta nova pista de xogo para adestramentos e partidos do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia convértese na segunda área deportiva da cidade de Vigo tras o Polideportivo de As Travesas, convertendo ao crecente barrio de Navia en referente en infraestruturas deportivas.

