sábado, 1 de enero de 2011

O EQUIPO ALEVÍN MASCULINO "A" DO CLUB 3º CLASIFICADO DO VII TORNEO INTERNACIONAL VILA DE MARÍN 2010

.

O pasado domingo día 19 de decembro do 2010 o equipo Alevín Masculino "A", Seis do Nadal "A", do club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por Carlos Rodríguez, Nicolás Paz e Pablo García, participou no VII Torneo Internacional Mini Vila de Marín 2010, torneo no que acadou un meritorio terceiro posto.

.

Nun novo formato de competición, o torneo acolleu a nove conxuntos na vila de Marín: Marín Peixegalego (Marín), Escola Deportiva Ourense (Ourense), Estudiantes de Lugo (Lugo), FC Porto (Portugal), Ferrol CB (Ferrol), Cluny Santiago (Santiago), Agustinos de León (León), Selección Galega Mini Masculina e o Seis do Nadal (Vigo).

.

Os equipos Agustinos de León, Seis do Nadal e a Selección Galega foron os primeiros de grupo na primeira fase, os tres gañando claramento os seus dous encontrose disputados. Na segunda fase enfrontáronse os tres nunha liguilla, gañando a combinado galego os seus dous partidos, un o equipo de León e ningún os vigueses.

.

O cadro de honra do VII Torneo Internacional Mini Vila de Marín 2010 quedou como segue:

.

1º- SELECCIÓN GALEGA MINI MASCULINA

2º- COLEXIO AGUSTINOS DE LEÓN (León)

3º- SEIS DO NADAL (Vigo)

4º- FERROL CB (Ferrol)

5º- FC PORTO (Oporto - Portugal)

6º- ESCOLA DEPORTIVA OURENSE (Ourense)

7º- ESTUDIANTES BREOGÁN LUGO (Lugo)

8º- CLUNY SANTIAGO (Santiago de Compostela)

9º- MARÍN PEIXEGALEGO (Marín)

.

Os adestradores dos equipos participantes elixiron aos cinco xogadores máis destacados do torneo en base a criterios de deportividade, compañerismo e xogo limpo. Os cinco mellores xogadores foron: Álvaro (Agustinos de León), Brais (Seis do Nadal), Manuel (Selección Galega Mini), Gonçalo (FC Porto) e Alejandro (Ferrol).

.

.

.

.

.