jueves, 23 de diciembre de 2010

"A FAMILIA NON DEIXA DE CRECER", REPORTAXE DO C.B. SEIS DO NADAL NO SUPLEMENTO CAMPEONES

.

"O novo pavillón de Navia foi o escenario escollido pola sección de baloncesto do Seis do Nadal para realizar fai escasos días a súa multitudinaria posta de longo para esta tempada."

.

"Multitudinaria porque en dito acto estiveron presentes tódolos deportistas do club vigués. E iso é moito dicir posto que, en conxunto, o Seis do Nadal conta con preto de 600 deportistas distribuidos nos veintidous equipos federados, o combinado de adultos e as súas dez escolas deportivas, ademais dun corpo técnico formado por trinta adestradores."

.

.

.

Así comeza a reportaxe publicada hoxe, mércores día 22 de decembro do 2010, no suplemento deportivo Campeones de Faro de Vigo sobre o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, e a súa Presentación Oficial máis numerosa, "números que explican claramente porque desde a tempada 2001/2002 ata a campaña 2009/2010 foi elixido de forma ininterrompida mellor club de baloncesto de Vigo e a súa comarca".

.

Pódese acceder á reportaxe pulsando nas imaxes da noticia ou descargando o Suplemento "Campeones" pulsando aquí.