martes, 19 de octubre de 2010

XA ESTÁ DISPOÑIBLE O CALENDARIO DE XOGO DA LIGA ZONAL DVB SÉNIOR MASCULINA DIVISIÓN "B" 2010/2011

.

Despois do remate do período de inscrición o xoves día 30 de setembro, xa está dispoñible o calendario de partidos da Liga Zonal DVB Sénior Masculina División "B" da Delegación Viguesa de Baloncesto nesta nova tempada 2010/2011.

.

O calendario de partidos da Liga Zonal DVB Sénior Masculina División "B" que comezará a próxima fin de semana está xa dispoñible no apartado de competicións da web da Federación Galega Baloncesto (www.fegaba.com).

.

Na Liga Zonal DVB de categoría Sénior Masculina División "B", no Grupo "B", competirá o equipo Seis do Nadal - Coia, dirixido por César Álvarez e Albert Tomas, xunto aos equipos Tiempo Muerto San José, C.B. Vigo A.M., Colexio Salesianos, U.E. Os Seixos Invernaderos e C.B. Caselas. Pódese acceder ao calendario de xogo da competición pulsando aquí.

.

O primeiro partido do noso equipo Sénior Masculino Zonal nesta competición se xogará o próximo fin de semana do 23 e 24 de outubro ante Salesianos na pista do Col. Seis do Nadal.