viernes, 22 de octubre de 2010

O MECO PRÓXIMO RIVAL DO SÉNIOR MASCULINO AUTONÓMICO DO CLUB NA SEGUNDA XORNADA DA LIGA FGB

.

O Sénior Masculino Autonómico, Seis do Nadal - Coia, do club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, buscará a súa primeira vitoria na Liga FGB Sénior Masculina 2010/2011 o próximo sábado día 23 de outubro do 2010.

.

O noso conxunto iniciaba a Liga Autonómica FGB 2010/2011 de categoría Sénior Masculina o pasado sábado no Pavillón Municipal Balaídos ante o Universitario Campus Ourense. Despois dunha primeira parte igualada e disputada por ambos conxuntos, o combinado ourensán conseguía unha importante vantaxe no marcador ao final do terceiro período, vantaxe que mantería ata o final do encontro (65-79).

.

O equipo sénior autonómico do Club Baloncesto O Meco, décimo terceiro clasificado da pasada tempada 2009/10, será o próximo rival do noso combinado que viaxará a O Grove o próximo sábado 23 de outubro para xogar a partir das 18:00 horas no Pavillón Monte da Vila (O Grove).

.

O Meco xogou a pasada semana ante o Xuven, partido no que encaixou unha derrota por 90-71, polo que tanto o conxunto de O Grove coma o noso equipo buscarán a súa primeira victoria nesta competición autonómica. A clasificación do Grupo Sur despois da primeira xornada da Liga FGB Sénior Masculina é a seguinte:

.