martes, 7 de septiembre de 2010

XA ESTÁ DISPOÑIBLE O CALENDARIO DA LIGA INTERZONAL SÉNIOR FEMININA DA TEMPADA 2010/2011

.

Despois do sorteo do calendario celebrado a pasada tarde do martes 7 de setembro, xa está dispoñible o calendario de xogo da Liga Interzonal Sénior Feminina da tempada 2010/2011 da Federación Galega de Baloncesto.

.

Os calendarios de xogo dos dous grupos desta Liga Interzonal Sénior Feminina que comezará o próximo fin de semana dos días 9 e 10 de outubro están xa dispoñibles na páxina web da Federación Galega de Baloncesto (www.fegaba.com).

.

A Liga Interzonal Sénior Feminina 10/11 virá determiando pola existencia de dous grupos diferenciados, grupo Norte e grupo Sur, grupos nos que teñen cabida os equipos de Santiago de Compostela, Vigo e Ourense (grupo Sur) por unha parte, e os correspondentes ás Delegacións de A Coruña e Lugo por outra (grupo Norte). O equipo Seis do Nadal - Coia, adestrado por Francisco García, xogará no grupo Sur xunto a:

.

SEIS DO NADAL - COIA (Vigo)

SEGUROS LA FE - CÍA DE MARÍA (Santiago de Compostela)

TORVIGO BAIONA (Baiona)

TIEMPO MUERTO SAN JOSÉ (Vigo)

C.D. INMACULADA (Santiago de Compostela)

C.B. ALLARIZ (Ourense)

PELETEIRO (Santiago de Compostela)

SAN JOSÉ GUÍA (Vigo)

NOIA CURROPESCA.COM (Noia)

C.B. SAN PELAYO (Santiago de Compostela)

.

A primeira das xornadas da Liga Interzonal Sénior Feminina terá lugar a fin de semana do 9 e 10 de outubro e o noso conxunto se estreará ante o Tiempo Muerto San José (Vigo). Pódese acceder ao calendario de xogo pulsando aquí.